Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 29/11/2021

Programa completo do 29/11/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 29.11.2021 14:21

Prepárase o piloto monfortino Eduardo Iglesias para participar no que será o seu 3º Dakar. Abrimos programa falando con él desta nova aventura. Vota a andar en Monforte unha campaña porta a porta para fomentar a reciclaxe. Falamos dela con Miguel Tomé, concelleiro responsable da área de Medio Ambiente. Bóveda e Quiroga son os únicos concellos da zona libres de Covid, no resto segue subindo en todos o número de afectados algo que preocupa ao sector hostaleiro que ten desde o sábado novos controis de aforo; conversamos con Beatriz Vila, delegada da Asociación Provincial de Hostalería para esta zona. Entrevistamos ao actor soberino Chechu Salgado, nominado ao Premio Goya como mellor actor revelación polo seu papel na película "Las leyes de la frontera". Repasamos asuntos do pleno que hoxe celebra a corporación de Monforte con Germán Vázquez, voceiro de Esperta Monforte. E os veciños de O Saviñao van a estar sen auga cando menos ata maña por unha avaría na depuradora da que falamos co alcalde do citado concello, Carlos Armesto.