Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 26/07/2021

Programa completo do 26/07/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 26.07.2021 14:24

Rematado o Festival de Cine Fantástico celebrado en Monforte facemos balance con Reinaldo Pereira, subdirector do Festival. Da experiencia no mesmo fálannos tamén duas voluntarias colaboradoras do evento, Anabel Soto e Inés Franco. E polo Fancine de Lemos pasaron o director Oscar Martín e a produtora Elena Muñóz, que viñeron a presentar "Amigo" a súa última película. Con eles conversamos tamén na recta final do programa. Entrevistamos ao voceiro do BNG de Monforte, Emilio Sánchez, que repasa iniciativas que leva ao pleno de hoxe. E conversamos tamén co alcalde de Sober, Luis Fernández Gutián. Manteñen a celebración da Feira Mostra do Viño de Amandi para os días 11 e 12 de agosto e veñen de presentar outras actividades culturais programadas para este verán que repasamos co rexedor soberino.