Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 19/02/2025

Programa completo do 19/02/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Abrimos co repaso a novas da actualidade máis próxima e co espazo "Facendo Empresa" que adicamos a Fenestra-Alumetal que ten en marcha proxecto de ampliación que convertirá esta empresa monfortina nunha das de maior produción de ventás de toda España. Falamos co xerente Miguel de la Fuente. Patricia Varela vén de ser nomeada coordinadora da Plataforma Queremos Galego para a zona sur de Lugo e con ela falamos da manifestación que teñen convocada para este domingo e doutras actividades que teñen previsto poñer en marcha neste territorio. Entre outros asuntos, conversamos tamén co foto xornalista Manuel Valcárcel, Piro, que inaugura exposición esta tarde en Monforte no espazo +60 de Abanca, sobre a relación do ser humano coa auga con exemplos dos 5 continentes.