Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 22/09/2022

Programa completo do 22/09/22

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 22.09.2022 14:35

Dieta vexetal para os primeiros habitantes do Castro de San Lourenzo. É o resultado das probas realizadas a algúns dos esqueletos que alí apareceron e do que nos fala Xurxo Ayán director da intervención. Repasamos tamén no programa de hoxe os resultados dos traballos levados a cabo en Penas do Castelo e que rematan deixando ao descuberto un espectacular acceso ao castro do que nos fala a arqueóloga Elena Taboada. Co voceiro do BNG en Monforte, Emilio Sánchez repasamos iniciativas que levan ao pleno do próximo luns, como unha moción sobre a situación na que está a Atención Primaria. E Monforte recupera o Programa Activa que hoxe presentou a tenente alcalde Gloria Prada. Escoitamos a oferta coa que recuperan esta actividade aberta aos maiores de 55 anos. Entre outros asuntos, como cada xoves toca gabinete xurídico e preguntamos ao avogado Héctor Silva, sobre a casuística que pode privar de herdanza, ou desherdar.