O portavoz municipal do PSdG-PSOE, Rafael Villarino, quen defendera a negociación co Partido Popular, non se sinte desautorizado pola dirección autonómica da formación. Finalmente sinala que foi unha decisión acordada no seo do partido e non cree que condicione o seu futuro político. Pola súa banda, desde o PP, tanto Alfonso Rueda como Manuel Baltar, sinalan a división interna do PSOE como causante do descarrilamento das negociacións. As voces dos protagonistas en Onda Cero Galicia.