Temas

Museo de Pontevedra

CITA A CEGAS NO MUSEO

José Manuel Rey: "Santa Clara estará aberto por obras, queremos que a cidadanía coñeza os traballos arqueolóxicos"

Hoxe pechamos a nosa temporada de citas no Museo de Pontevedra co seu director, José Manuel Rey, como guía. Citámonos no Convento de Santa Clara para facer unha visita e coñecer os traballos arqueolóxicos que comezarán a semana que vén. O estudo arqueolóxico e histórico analizará 15.417 metros cadrados de superficie do complexo conventual cun amplo equipo de traballo multidisciplinar que estará formado por 20 persoas, entre as que haberá arqueólogas, restauradoras, antropólogas, historiadoras, documentalistas e outro persoal técnico.

Cita a cegas no Museo

Sabela Santos: "A programación educativa, a través de experiencias e emocións, é prioritaria para o Museo de Pontevedra"

Hoxe adentrámonos no edificio Castelao guiados por Sabela Santos, responsable de Educación. Falamos das novidades na programación educativa que ofrecen e dos novos recursos didácticos que están estreando. Ademais, asistimos á chegada de dous grupos de escolares para unha visita guiada e para unha das actividades específicas que oferta o Museo con motivo das Letras Galegas: un obradoiro con Polo Correo do Vento. Desde 2017, son máis de 20.000 os nenos e nenas de centros de ensino que pasaron polo Museo participando nas visitas e actividades educativas.

Cita a cegas no Museo

O Museo de Pontevedra ten un dos arquivos gráficos máis importantes de Galicia con 700.000 rexistros

Hoxe adentrámonos no edificio Fernández López do Museo de Pontevedra guiados por Cristina Echave, responsable do Arquivo e conservadora dos fondos fotográficos. Descubrimos que temos en Pontevedra un dos arquivos gráficos máis importantes de Galicia pola cantidade de rexistros - uns 700.000 mil - e pola calidade dos mesmos. Conservan fotografías desde mediados do século XIX ata case a actualidade e coñecemos algunhas das máis especiais visitando unha das salas de reserva.

Cita a cegas no Museo

Tres mulleres comisarias recuperan no Museo a memoria de Carmen Babiano e as irmás Mendoza

Hoxe adentrámonos no edificio Castelao guiados por Reis Camiña, Beatriz de San Ildefonso e Natalia Fraguas, conservadoras do Museo e comisarias da exposición "De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra". A mostra permanecerá aberta ao público ata o 24 de abril e ofrece unha visión obxectiva, baseada na investigación, de quen era Carmen Babiano Méndez-Núñez e as súas fillas María e Concha Mendoza, reconstruíndo a través da pintura, a música, a fotografía e a moda, o ambiente cultural e social no que viviron.

Cita a cegas no Museo

Sonia Briones: “O que vixiamos máis de cerca no Museo é o que non se ve”

Hoxe adentrámonos no edificio Castelao guiados por Sonia Briones, responsable da área de Conservación e Restauración do Museo de Pontevedra. Durante a visita aprendemos que se trata dun departamento imprescindible e en permanente contacto con todas as diferentes áreas de traballo do museo. Sonia Briones lévanos ata os talleres nos que ela e o seu equipo traballan a diario para velar polo bo estado dos fondos que albergan

A última e marchamos

Ángel Arcay: o betanceiro que namorou das irmás Mendoza e das súas receitas de cociña

Cada xoves tomamos a última con pontevedreses que nos falan da súa vida e proxectos. Esta semana facemos unha excepción porque o noso convidado non é de Pontevedra pero aquí estivo traballando hai unha década e namorou das receitas de cociña das irmás Mendoza. Ángel Arcay é historiador especializado en Patrimonio Documental e Bibliográfico, con el mantemos una charla coloquial e distendida sobre o seu libro "Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza".

La última y nos vamos

Pontevedra, recuerdos y pasiones futboleras con Xabier y Susana Fortes

Cada jueves tomamos la última con pontevedreses que nos hablan de su vida y de sus proyectos. Una charla coloquial y distendida que esta semana tiene como protagonistas a los hermanos Susana y Xabier Fortes. Este viernes presentan sus nuevos libros en el Museo de Pontevedra

CON SUSANA PEDREIRA

Más de Uno Pontevedra 25/10/2021

Comezamos o programa coa actualidade deste luns e coñecendo a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista con Quique Mauricio de "Polo Correo do Vento", organizadores da Semana Lorquiana que mañá comeza no Museo de Pontevedra. Ademais, como cada luns, concedemos protagonismo ao deporte con Rubén Rey e ao motor con Abel Millán. Completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".