Temas

monterrei

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (22-11-2019)

A viaxe desta tarde comeza en Vigo para dar a benvida ao Nadal e en Melide para sumarnos á celebración da XXX Semana da Música da Terra de Melide. Unha nova entrega de #ViaxesArnau lévanos ata o Norte de África para visitar Marrakech, Casablanca e Rabat. Convidamos a Lidia de la Fuente desde "Camiños con Arte" para percorrer unha nova ruta polo interior de Galicia: "Ruta do Tambre". E o destino final lévanos ata a provincia de Ourense para descubrir o xeodestino Verín/Viana.

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia

Percorremos Galicia para visitar, comer e durmir cos mellores anfitrións: a carreira Sin Son 2016 é a ruta que facemos esta semana guiados pola súa organización, comemos o galo de curral de Vila de Cruces e durmimos no Retiro do Conde en Monterrei. A galega viaxeira que nos visita levaranos ata Mozambique, onde leva vivindo 16 anos como cooperante. Coa música de Xoel López marcamos unha completa axenda para desfrutar da fin de semana