Os traballos súmanse aos realizados desde o pasado mes xullo en distintos tramos da contorna do Camiño de Santiago co fin de favorecer o tránsito seguro dos peregrinos. Na Vía da Prata planificáronse 14 actuacións ao seu paso polos municipios de Laza, Sarreaus, Ourense, A Mezquita Piñor e Lalín, cun investimento próximo aos 225.000 €
Ethel Vázquez, conselleira de Infraestructuras, na Brújula de Galicia
A asesoría xurídica da Xunta estudia recurrir a última sentencia do TSXG. Ethel Vázquez dí que o tribunal non cuestiona o trazado senón o procedemento. A Vía Ártabra, lembra, é unha infraestructura moi necesaria para a conxestionada área metropolitana da Coruña.
Coa conselleira de Infraestructuras, na Brújula de Galicia de Onda Cero, repasamos os acordos saídos da reunión celebrada nas últimas horas co sector do transporte e a loxística de Galicia.
Proseguirán as tarefas en execución na provincia de Ourense na OU-531, no seu percorrido polos municipios Vilar de Santos e Xinzo de Limia; na OU-540, na cidade de Ourense; e na OU-636, na Pobra de Trives, Quiroga, Larouco e Petín.
Actuarase na estrada OU-212, ao seu paso polos municipios ourensáns de Beariz, Avión, Carballeda de Avia e Beade, na OU-540 en Ourense; e na OU-320, nos municipios de Sandiás, Allariz e Taboadela.
Esta intervención na estrada OU-302 porá á disposición dos veciños 560 metros de novos itinerarios para desprazarse dun xeito máis cómodo e seguro e contribuirá a poñer en valor o Santuario de Couso de Salas como atractivo turístico.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de asinar o contrato polo que se adxudican as obras de mellora e humanización da capitalidade do concello do Pereiro de Aguiar. Desde xeito, este mesmo outono a empresa adxudicataria pode iniciar os traballos.
Esta obra, adxudicada por un orzamento de 120.000 euros, permitirá que o ámbito delimitado pola rúa Grande, a praza do Concello e o camiño Baralongo teña un aspecto renovado e integrado coa paisaxe, ademais de ser unha zona moito máis funcional, aberta e accesible aos veciños.
Continuarase co proxecto da Rolda Leste, entre a estrada OU-105 en Bemposta e a N-525, para pechar a circunvalación polo sur conectando coa A-52, cunha previsión plurianual de investimento de 6,75 M€
Avanzarase en actuacións no eido sanitario como o Plan director do Hospital de Ourense, para o que a Xunta reserva unha partida de 21,8 M€ en 2022, ou o Centro Integral de Saúde, con 3,2 M€
As contas reservan máis de 6,6 M€ para obras de conservación, vialidade invernal ou melloras de firmes nas estradas autonómicas da provincia
Raquel Arias lamentou que “as intervencións realizadas nos últimos meses, ademais de escasas, son remendos incapaces de eliminar as fochancas nin garantir o bo estado do firme”.
Raquel Arias lembrou que a N-540 “é a única estrada que existe na actualidade para unir as cidades de Lugo e Ourense, as únicas capitais de provincia galegas sen conexión por autovía ou autoestrada, e cunha conexión ferroviaria obsoleta e sen frecuencias”.