Do 11 ó 15 de marzo
04/03/2026 14:18
Afundación acolle o IV Festival Internacional de Animación, Imaxinaria, con Alberto Vázquez dirixindo e lucindo o seu quinto premio Goya
Alberto Vázquez detallounos a programación desta edición do festival que, ademáis, ten un carácter solidario, porque a recadación irá destinada ó Banco de Alimentos da Provincia da Coruña. O seu presidente, Manuel Mora, tamén estivo na presentación. Cada entrada ten un custo de 2 euros e xa están á venda en Ataquilla.com. Vázquez ven de gañar o seu quinto Goya coa longametraxe Decorado, que se proxectará o vindeiro día 11 de marzo. Tamén participan nesta edición duas candidatas ós Óscar.










