O presidente da Xunta comparecerá este mediodía para dar conta das medidas do comité clínico

Suben os casos activos, a presión sobre os hospitais e o número de contaxios detectados por PCR

Hoxe son 9.642 os casos activos, 266 máis que no anterior reconto e as mortes subiron a 951, tras as sete comunicadas na pasada tarde.

Marta Rodríguez

Santiago de Compostela | 04.11.2020 12:55 (Publicado 04.11.2020 11:56)

Segue aumentando a presión nos hospitais galegos por enfermos de coronavirus. Temos hoxe 17 persoas máis nas plantas covid das clínicas galegas que onte, son 483 persoas, e 80 nas UCIS dos hospitais, unha máis. Pero e que ademáis increméntanse os contaxios destectados por PCR, o martes foron 626 os cidadáns que deron positivo nas probas. As cidades galegas levan 5 días con peche perimetral, excepto Ourense que o venres cumple un mes de cierre dos seus límites e coa prohibición de reunión sociais. Medidas que onte o comité clínico decidiu manter para tormar decisóns “nos próximos días” decían dende Sanidade.

Hoxe son 9.642 os casos activos, 266 máis que no anterior reconto e as mortes subiron a 951, tras as sete comunicadas na pasada tarde.