ORZAMENTOS

O conselleiro de Facenda asegura que 115.000 galegos beneficiaránse das rebaixas fiscais

A Xunta deixará de ingresar 472 millóns de euros pola baixada de impostos, según aseguraba o conselleiro Valeriano Martínez. Diñeiro que, dixo o conselleiro, a Xunta prefire que esté no peto "dos cidadáns para que repercuta en beneficio das familias".

O conselleiro mantivo que no ano 2021 se celebrarán os exámenes das oposicións de Educación, Sanidade e Administración Xeral e que así o recolle o Orzamento. Matizaba que as convocatorias estarán condicionadas "a evolución da pandemia e do que poda decir o comité clínico".

Redacción

Santiago | 23.11.2020 13:44 (Publicado 23.11.2020 12:00)

Unhas contas que alcanzan os 11.563 millóns de euros e agota o teito de gasto, situado en 11.664 millóns, ao sumar outros 92 millóns en créditos para a dinamización empresarial. O documento contén un incremento de 475 millóns de euros para a área da sanidade, así como unha partida de 61,7 millóns para abordar o Xacobeo 2021. Con esta entrega no Parlamento iniciase a tramitación das contas que a Xunta pretende ter operativas a finais do mes de xaneiro de 2021. O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez salientaba o incrmento que ten no social as contas da Xunta