19/05/2021
Vilagarcia recupera as Festas de Santa Rita despois dun ano condicionado pola pandemia

- 05:06 MIN
Vilagarcia recupera as Festas de Santa Rita despois dun ano condicionado pola pandemia
Unha cita festiva do calendario recupera a sua actividade despois dun ano suspendida polas consecuencias da crisis do coronavirus.
O concello de Vilagarcia última todos os detalles para celebrar a primeira edición das Festas de Santa Rita tras a pandemia. Do xoves 20 ao domingo 24 de maio, o municipio estará sumido nunha nova edición deste evento lúdico festivo que, nesta ocasión, prescinde de procesións e atraccións de feira.
Sonia Outón, concelleira de Cultura de Vilagarcia, garante a máxima seguridade sanitaria e un intenso control para evitar as aglomeracións. Recomenda gozar do Festivaliño on the Road de curtametraxes infantís. Nesta ocasión sí experimenta algunha modificación co obxectivo de cumprir coas medidas sanitarias.
A principal aposta céntrase na escena musical local. Así, o cartel de concertos presenta a nomes propios como Joel Padín, nova promesa do folk galego xurdida na parroquia de Bamio ou Silvia Penide e a súa banda coa presentación do seu oitavo álbum: 'Os días de chumbo'. Ademais, o domingo celébrase o Encontro Folclórico Santa Rita no que varios grupos interpretan un repertorio musical moi autóctono.
E non falta, este ano, un formato adaptado da Feira Celta.
Temas
- Onda Cero


