A terceira entrega pon fin a saga Dragal

Rematan as aventuras do último dragón galego

A premiada escritora, Elena Gallego, presentou a última entrega da triloxía Dragal na librería Cronopios de Pontevedra. Susana Pedreira entrevistou a Gallego onde os asistentes poideron facer preguntas a escritora.

ondacero.es

Pontevedra | 26.07.2012 01:01

Cronopios
Presentacion de Elena Gallego | Ondacero

Coa primeira parte, galardoada co premio Frei Martín Sarmiento, a autora pretendía introducir ó seu fillo de 16 anos no mundo da lectura. A súa pasión polos dragóns foi definitiva para desenvolver a idea fundamental desta historia, ¿qué pasaría se o dragón de pedra dunha igrexa se reencarnase nun adolescente da nosa época?.

A fantasía e a ficción eran os ingredientes necesarios para enganchar ó público xuvenil e tamén ós seus país que se sorprenden o encontrar o transfondo que lles reservou a autora cheo de lendas e mitoloxía galega. Unha proposta de Elena Gallego que quería demostrar que non fai falla sair das fronteiras autónomicas para escribir ficción porque a cultura galega vale tanto como as outras.

A historia do último dragón galego comezou co primeiro libro “A herdanza do dragón”, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil no ano 2009 e editado por Xerais na súa colección “Fora de Xogo”. Un recoñecemento que lle acadou o éxito nestes tempos que corren a esta periodista turolense que aprecia as posibilidades de comunicar algo máis que a realidade cotiá.

Depois do segundo libro, “a metamorfose do dragón”, a saga remata coa terceira entrega que a librería Cronopios nos presentou gracias a iniciativa de Onda Cero Pontevedra na firma de libros onde os lectores poideron facer as preguntas que levan gardando dende 2010.

Unha colaboración que ten lugar cada mes e que en edicións anteriores tuvo a presenza de escritores como Baltasar Magro, que presentaba o seu libro “La luz de Guernica”, ou Pedro Feijoo, coa súa obra “Os fillos do mar”.