Más de Uno Pontevedra

As mercancías relacionadas co sector da alimentación impulsaron os tráficos no Porto de Marín a pesar da pandemia sanitaria.

Visitamos o Porto de Marín co seu presidente para facer balance deste ano 2020 no que a actividade portuaria resistíu a pesar da crise do coronavirus.

Lorena Páramo

Pontevedra |

O Porto de Marín abre as súas portas para nós. Un epicentro de actividade económica na nosa comarca, un gran contedor de empresas pecha o ano 2020 con datos que amosan a súa resistencia a pesar da pandemia. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con José Benito Suárez, presidente do Porto de Marín en "Máis de Un Pontevedra" con Susana Pedreira.