Louro confirmou en Onda Cero que durante a negociación do pacto de goberno a proposta de xestionar o PXOM estivo sobre a mesa, pero como tantas outras cousas que se falan durante a negociación dun pacto para conformar un goberno de coalición. Acusa ao alcalde Lores de "ter pouco estilo" contando en Onda Cero detalles da negociación do pacto, e explica que decidiu deixar o PXOM en mans do BNG pola experiencia que lles supoñía despois de 10 anos con esa xestión. Agora, 2 anos despois do pacto, Louro ve que "teñen experiencia pero pouco acerto" e deixa a porta aberta a unha posible revisión do acordo de goberno para asumir o grupo socialista a xestión do plan agora en mans do nacionalista Cesar Mosquera
LOURO ESTÁ DISPOSTO A REVISAR O PACTO PARA ASUMIR O PXOM