Más de Uno Pontevedra

A loita contra a violencia machista continúa tralo 25-N

"Por nós, polas que virán e polas que xa non están. Non á violencia machista". Con estas frases remata a xornalista Sara Vila o manifesto deste 25 de novembro en Pontevedra. Conversamos con ela e coa concelleira de Igualdade, Yoya Blanco.

Lorena Páramo

Pontevedra | 25.11.2020 15:23

Neste enlace directo á web de Onda Cero podes volver escoitar a conversa coa concelleira de Igualdade de Pontevedra, Yoya Blanco, e a xornalista do Diario de Pontevedra, Sara Vila. Con elas falamos do traballo en materia de igualdade máis aló do 25-N, e das ideas forza do manifesto que este ano redactou e leu Sara Vila no pleno da corporación municipal e na Praza da Peregrina.