19/11/2020

- 14:38 MIN
‘Xa abonda de minutos de silencio’, lema municipal en Pontevedra para este 25-N
A Concellería de Igualdade e o CIM de Pontevedra volven alzar a voz para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Falamos da campaña da Concellería de Igualdade neste 25-N coa concelleira Yoya Blanco e a directora do CIM, Rosa Campos. Na fachada da antiga Casa Consistorial e polas rúas da cidade, podemos ver a orixinal campaña gráfica con carteis circulares en cor negro e morado con consignas inspiradas no movemento feminista e nas manifestacións do pasado ano: ‘O silencio tamén mata’, “O machismo é terrorismo’, ‘As rúas e as noites tamén son nosas’ ou ‘O meu corpo non precisa da túa opinión’. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.
Temas
- Onda Cero


