Política Municipal

Jorge Cubela: "Reitero a petición da comarcalización do parque de bombeiros de Pontevedra"

O alcalde de Cerededo-Cotobade solicita a Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia un entendemento entre administracións para mellorar a resposta das emerxencias.

Redacción

Pontevedra | 11.08.2021 14:10

O rexedor Jorge Cubela asegura que un plan de comarcalización do parque de bombeiros da capital suporia unha mellora da calidade na resposta dos servizos específicos en caso dunha emerxencia. Solicita as administracións con competencias chegar a un acordo que redunde nunha mellora da seguridade dos veciños e veciñas do concello.

O marxe da reivindicación do alcalde relacionada coas emerxencias, a nivel sanitario, repasamos a boa evolución de casos activos. A maiores este municipio afronta un verán coa máxima atención no referido os lumes, no inicio de curso escolar, na recuperación e posta en valor do patrimonio cultural ou posibles proxectos eólicos.

Aproveitamos unha conversa, como unha boa ocasión, para dar una ollada a todas as cuestións do concello de Cerdedo-Cotobade. Escoita a entrevista íntegra a Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade.