Concello de Pontecaldelas

Andrés Díaz: "Xa esta todo preparado para iniciar as festas de nadal no concello"

O concello de Pontecaldelas prende a iluminación do nadal e inicia o unha nova edición do Caldelas de Tapas Quentes.

Redacción

Pontevedra | 03.12.2021 14:53

O alcalde de Pontecaldelas confirma que o alumeado do nadal chegue a casi todos os recunchos do concello. A principal novidade deste ano é que, ademais de toda a decoración no centro da vila e nas rotondas de Cuñas e Pazos, o concello dará a benvida a todos os visitantes coa iluminación situada nas rotondas de A Reigosa, Forzáns e Caritel, sinalando así a chegada a Ponte Caldelas ás persoas que circulan polas estradas de Pontevedra, Fornelos de Montes e A Lama. Na Praza de España concéntranse un ano máis os elementos decorativos, con varios puntos de photocall e árbores de luces. Na Alameda estarán as bolas colgantes que tanto gustaron os anos anteriores e na Praza do Obispo e Rúa da Ponte decoráronse as camelias, colocarase a árbore xunto á fonte e tamén se iluminan as xardiñeiras recentemente instaladas tralo empedrado da beirarrúa.

Con respecto o inicio de unha nova edición de no Caldelas Tapas Quentes, un total de doce locais participarán nun evento gastronómico que regresa a vila do Verdugo os venres 3, 10 e 17 do mes de decembro en Ponte Caldelas. O prezo das tapas será de 1,50 euros e a bebida pagarase á parte. As tapas poderán comezar a degustarse a partir das 20.30 horas os tres primeiros venres do mes de decembro.

(Entrevista íntegra con Andrés Díaz, alcalde de Pontecaldelas)