O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, publica hoxe na plataforma de contratos públicos de Galicia os pregos para a licitación do proxecto e execución das obras de instalación da iluminación exterior no contorno das termas da Chavasqueira, por un importe máximo de 93.980euros.
A actuación, para a que as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o día 29 de marzo a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta (SILEX), inclúe a substitución das luminarias que existen actualmente por outras con tecnoloxía LED con xeración fotovoltaica; a instalación de alumeado arquitectónico para a iluminación singular das termas públicas da Chavasqueira, e a adecuación do centro de mando correspondente á normativa actual e á nova instalación.
O ámbito de actuación sitúase no espazo de xardíns próximo ás termas públicas da Chavasqueira, así como na zona de paseo fluvial ata o paseo Ribeiriño, comprendendo un tramo de 305 metros de lonxitude.
A licitación, a primeira que se activa no marco do proxecto do EcoBarrio de Ourense, inclúe a redacción do proxecto, a dirección da obra e a execución. Inclúese toda a obra civil necesaria para a instalación e posta en marcha do novo alumeado, así como a retirada das instalacións existentes. A adxudicataria contará con un mes desde a sinatura do contrato para entregar o proxecto, e dous meses para execución das obras desde o día seguinte á sinatura da acta de comprobación da implantación