A xuiza do caso Pokemon reparte aos imputados ourensáns en catro causas


A xuiza do caso pokemon, Pilar de Lara que investiga unha presunta trama de corrupción nas administracións públicas galegas, separou en nove pezas xudiciais a investigación de tal xeito que os imputados ourensáns estarán repartidos en catro procedementos xudiciais.

ondacero.es

Ourense | 26.11.2013 07:35

francisco rodriguez
francisco rodriguez | onda cero

A xuiza do caso pokemon, Pilar de Lara que investiga unha presunta trama de corrupción nas administracións públicas galegas, separou en nove pezas xudiciais a investigación de tal xeito que os imputados ourensáns estarán repartidos en catro procedementos xudiciais.De Lara confirmou onte o auto ás partes nun proceso no que hai 89 imputados.Na peza que investiga ao grupo Vendex que xestiona a Ora en cidades coma Ourense figuran o ex alcalde socialista de Ourense, Francisco Rodríguez e a sua compañeira sentimental, Mercedes Astorga asi coma o ex edil do Bng, Fernando Varela e o ex xefe da policía local. Abelardo Ulloa. Ademais figura tamen o alcalde popular do Carballiño. Argimiro Marnotes que paralizara a adxudicación da Ora a Vendex. Nesta mesma peza estaría o delegado de Vendex –Ourense, Adrián Cordero.Noutra peza, a que investiga posibles delictos na etapa de Francisco Liñares na presidencia da Confederación Miño Sil, está o matrimonio ourensá formado por Jose Daniel Blanco e Olga Gonzalez, propietarios dunha empresa de desbroce e limpeza que presuntamente fixo tratos de favor a Liñares.Na peza que investiga a Aquagest por presuntas adxudicacións ilícitas e servizos a esta empresa volve a aparecer o ex alcalde socialista Ourensá, Francisco Rodríguez e a sua compañeira, Mercedes Astorga empregada de dita empresa.A xuiz De Lara fixo tamen unha peza especifica do caso pokemon no Concello do Carballiño onde se investiga un presunto delicto de tráfico de influencias do rexidor, Argimiro Marnotes cunha adxudicacion ao matrimonio da empresa de desbroces que tamén se investiga na peza da confederación miño sil.