O PP urxe un pleno sobre os orzamentos de 2014 porque considera que o concello de Ourense está en "situación de emerxencia"

O grupo municipal do PP no Concello de Ourense asegura que o concello de Ourense está nunha "situación de emerxencia" tralo plante de cinco edis ao alcalde socialista no pleno do venres e solicitou un pleno extraordinario que permita aprobar o teito de gasto e o orzamento municipal de 2014. O voceiro de gobernó do psoe José Ángel Vázquez Barquero confirmou que o PP terá o pleno que solicita e non quixo afondar nos problemas internos do grupo socialista.

ondacero.es

Ourense | 16.12.2013 14:31

Rosendo Fernandez
PP Ourense | Faro de Vigo


O grupo municipal do PP solicitou un pleno extraordinario que permita aprobar o teito de gasto e o orzamento municipal de 2014 no Concello de Ourense. Os populares din que xa se cansaron de pedirlle ao alcalde que presentase os orzamentos en tempo e forma e argumentan que a situación administrativa e política do concello de Ourense é de "emerxencia". O voceiro municipal do PP, Rosendo Fernández volvia a "tender a man para defender o interés xeral" logo dos últimos acontecementos no pleno do venres no que cinco edis socialistas ausentábanse da votación na que o asesor Javier Gago pedia a compatibilidade para dar clases na Universidade.

O voceiro de goberno do psoe no concello de Ourense José Angel Vázquez barquero sinalou hoxe que o PP verá complacido o seu dereito do pleno no plazo legal e tamén confirmou que estanse facendo os trámites para aprobar as ordenanzas fiscais antes de que remate o ano logo de que os populares lle reprocharan ao alcalde a demora. Hoxe precisamente o alcalde socialista  Agustín Fernández argumentou motivos de axenda e non atendeu aos medios para falar da polémica do plante de cinco edis afins a Pachi Váaquez pero delo si falou V ázquez Barquero quen se referia ao acontecido para asegurar que "son problemas internos que haberá que resolver a nivel orgánico e que tamén están sobre a mesa do rexedor"