Traballadores da axuda a domicilio no concello de Ourense deciden hoxe se van á folga

Traballadores da empresa adxudicataria do servizo de axuda no fogar no concello de Ourense determinarán esta tarde nunha asamblea se inician unha folga indefinida en protesta polo expedente de regulación de emprego anunciado pola empresa Fomento de Servizos Sociosanitarios que afecta a 40 persoas.

ondacero.es

Ourense | 05.12.2013 14:28

Traballadores da empresa adxudicataria do servizo de axuda no fogar no concello de Ourense determinarán esta tarde nunha asamblea se inician unha folga indefinida en protesta polo expedente de regulación de emprego anunciado pola empresa Fomento de Servizos Sociosanitarios que afecta a 40 persoas. O colectivo mantiña previamente  unha xuntanza ca dirección da empresa para seguir avanzando nas negociacións. O xerente Alberto López aseguraba en Onda Cero que ten vontade negociadora pero lembraba que a empresa non pode manter o actual número de empregados/as porque o Concello de Ourense variou as condicións económicas e hai un descenso de ingresos sobre as previsións de medio millón de euros. 

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández insiste en que está en desacordo co argumento empregado pola empresa para tomar unha decisión laboral "desproporcionada" e sinala que o Concello ante todo garantirá o funcionamento do servizo