Tribunais

Suma máis de 28 anos por maltratar á sua dona e violar ás súas fillas

A última condena é por maltrato

Paco Sarria

Ourense |

Juzgados de Ourense
Juzgados de Ourense | Juzgados de Ourense

Un home de 48 anos (David Aníbal A.L) e de nacionalidade portuguesa, foi condenado a 28 anos de cárcere polo Penal número 2, por maltratar física e psíquicamente á súa parella mentres violaba ás súas dúas fillas.

Os feitos ocorriron nunha vivenda de Verin durante máis dunha década, anque era un segredo a voces na casa.

Un acordo de conformidade entre a defensa e as acusacións rebaixou a pena de 3 anos a 9 meses, alonxamento de 300 metros durante 3 anos e o pago dunha indemnización de 20 mil euros por maltrato á muller, pero sobre el pesaba outra de 28 anos por violar ás súas fillas.