O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, trasladou hoxe as súas condolencias aos familiares e achegados das vítimas do sinistro ferroviario acontecido esta pasada noite en Adamuz (Córdoba) e desexou a pronta recuperación das persoas feridas nesta traxedia.
Así se pronunciou durante o acto que o subdelegado presidiu este mediodía na Subdelegación do Goberno en Ourense, no que empregados e empregadas da Administración Xeral do Estado gardaron un minuto de silencio polas vítimas do accidente.
En memoria das vítimas e tras a declaración de loito oficial polo Goberno de España, as bandeiras da Subdelegación do Goberno en Ourense ondearán a media hasta.
Houbo tamén minutos de silencio no Concello de Ourense e na Deputación.
Asemade foron suspendidas tóda-las convocatoria de prensa.

