Política

Cisma nas Xuventudes Socialistas de Ourense

Considera vinganza o seu relevo

Paco Sarria

Ourense |

Cisma nas Xuventudes Socialistas de Ourense
Cisma nas Xuventudes Socialistas de Ourense | La Región

Cisma interno nas Xuventudes Socialistas de Ourense onde esta fin de semana tiña lugar o relevo de Borja López quen considera o mesmo un cese e unha vinganza polo seu alineamento co sector crítico do partido e especialmente co Alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, con quen asinou un manifestó contra a cúpula socialista galega polo caso “Tomé”.

Unha asamblea extraordinaria elexía a pasada fin de semana ó seu sustituto, que é Alejandro Destar, con un 84% de respaldo.

O cesado despediuse con un comunicado de prensa no que fai escuros vaticinios para a formación por dinámicas autodestructivas e liortas internas que alonxarían ó PSOE da posibilidade de gobernar.