A plataforma Stop desafiuzamentos Ourense reclamou o apoio público para as persoas que se están a quedar na rúa por falta de vivenda e denunciou o caso dunha muller ourensá de 30 anos cos seus dous fillos pequenos á que tiveron que ofrecer un realoxo. Dende a plataforma afirman que se están a ver as consecuencias mais crueis da crise e que en 2013 ata 30 personas se achegaron a este colectivo con problemas de vivenda que nalgúns casos remataron ca dación en pago como foi o caso desta muller. Dende Stop Desafiuzamentos, Roberto Pereira bota en falla que para solventar estes casos urxentes non haxa unha vivenda de acollida por parte da Xunta ou do Concello. Mentres o BNg no Concello de Ourense solicitou unha xuntanza urxente da comisión contra os desafiuzamentos creada ao amparo do pacto cívico. Os nacionalistas sinalan que "son precisas políticas municipais urxentes en materia de vivenda contra o desleixo da Xunta de galicia"