A xunta de goberno local acordou hoxe expropiar tres solares de 9 propietarios incluidos no Bic de As Burgas, entreles está o solar no que a empresa Xardín As Burgas tentou facer un Hotel balneario antes do incidente que afectou aos mananciais termais. O concello valorou en algo máis dun millón de euros a totalidade das expropiacions ainda que os empresarios de Xardin As Burgas reclamaban 16 millóns de euros. A edil de urbanismo, Aurea Soto lembrou que Xardin As burgas obtivo tres anos despoís da compra da parcela de 2000 metros cadrados, 19.000 metros cadrados de edificabilidade. Soto afirmou que "ninguén se preocupou de investigar nada"
A edil de urbanismo considera que coa expropiación e unha vez feitos os trámites oportunos o concello estaría en disposición a finais de 2014 de lanzar o concurso de construcción do novo hotel balneario ao marxe de que nos xulgados a posteriori se poidan dilucidar cuestións relacionadas cos prezos das expropiacions. Soto defendeu a xestión realizada en todo momento polo equipo de goberno que conducíu ao documento actual do plan de urbanismo