O psoe pide unha comisión que investigue sete proxectos europeos na deputación

O Psoe ven de solicitar a creación dunha comisión de investigación sobre sete proxectos europeos xestionados pola deputación de Ourense. Mentres o voceiro do BNG na deputacion, Leopoldo Rodriguez foi citado no xulgado o martes da semana vindeira para ratificar a denuncia presentada en relación cas presuntas irregularidades detectadas na xestión de depuradoras.

ondacero.es

Ourense | 18.10.2013 14:22

Pleno deputación Ourense
Deputados no salón de plenos | FARO

O Psoe ven de solicitar a creación dunha comisión de investigación sobre sete proxectos europeos xestionados pola deputación de Ourense.  Os socialistas aseguran que o que lles leva a pedir esta comisión é a documentación relativa ao procedemento de reintegro dos 10 millóns de euros de fondos comunitarios do proxecto das depuradoras no que aparece unha descertificación de 2,6 millons de euros pertencentes a estes proxectos. Mentres o voceiro do BNG na deputación, Leopoldo Rodriguez foi citado no xulgado o martes da semana vindeira para ratificar a denuncia presentada en relación cas presuntas irregularidades detectadas na xestión dos fondos europeos destinados a instalación de 104 depuradoras.