Ourense Cidade

O Psdeg-Psoe inicia formalmente contactos co resto de forzas politicas

A rolda de contactos formais mediante un encontro co líder do BNG na capital, e de modo inmediato, este diálogo estenderase a DO, Ciudadanos e PP

Óscar Gómez

Ourense |

Rafa Villarino, candidato do Psoe a alcaldía de Ourense | onda cero

O Partido Socialista vén de iniciar formalmente contactos co resto das forzas políticas que acadaron representación nas pasadas eleccións locais, co obxecto de garantir un goberno sólido e estable para a terceira cidade de Galicia durante os próximos catro anos, que sacará a Ourense da parálise na que estivo sumida ata o de agora.

Asumindo coa máxima responsabilidade o mandato cidadán manifestado con claridade nas urnas, o PSdeG-PSOE de Ourense comezará mañá martes, día catro de xuño, a rolda de contactos formais mediante un encontro co líder do BNG na capital. De modo inmediato, este diálogo estenderase a Democracia Ourensana, Ciudadanos e Partido Popular, coa finalidade de contrastar proxectos e ideas de cidade o máis axiña posible.

Concello de ourense | Onda Cero

Os socialistas consideran que este modo de proceder permitirá visualizar a pluralidade política e os puntos de coincidencia entre as formacións que obtiveron representación no consistorio, permitindo, de seguro, acadar un punto de partida que facilite ó máximo a gobernabilidade da cidade e a mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas. “Ourense precisa urxentemente dun tempo novo baseado no diálogo, nos acordos e no traballo activo polo futuro da capital, xa que ninguén comprendería outro mandato de enfrontamentos, berros e parálise”, conlúen