A dirección dos socialistas galegos acordou comezar a apertura dun expedente disciplinario ó militante e Alcalde do Carballiño, Francisco Fumega por promover e levar a efecto un acordo de goberno non autorizado polo partido con representantes do PP, o que conducíu a un pacto de gobernabilidade que dará a Alcaldía ós populares o derradeiro ano de mandato.
En base a elo a dirección socialista solicita a suspensión temporal de militancia de Fumega, que é ademáis secretario da agrupación municipal.
Resta por ver agora si será aplicada a mesma medida ó resto de edís do grupo socialista carballiñés e entre os que se atopa o tamén deputado provincial Diego Fernández.