Promoción Viñícola

Primeiros pasos para unha nova edición do festival Espírito Ribeiro

En marcha unha nova edición para a promoción do viño

Paco Sarria

Ourense | 09.05.2024 17:10

Primeiros pasos para unha nova edición do festival Espírito Ribeiro
Primeiros pasos para unha nova edición do festival Espírito Ribeiro | onda cero ourense

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, coñeceu da man do Alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, proxectos deste concello entre os que figura a participación do mesmo na IV Edición do Festival Espírito Ribeiro. Trátase dun escaparate deseñado para a promoción do viño ourensán desta denominación de orixe como tamén dos productos locais.

Compre lembrar que xunto co concello de Castrelo de Miño participan nesta iniciativa os concellos de Cenlle e Arnoia.

Para os organizadores, xornadas destas características facilitan o acceso de productores a un espazo expositivo para os seus productos, favorecendo os circuítos curtos de comercialización.