A piscina infantil de Oira, recentemente remodelada e mellorada, permanecerá desde este sábado pechada ao acceso dos nenos e nenas.
O motivo é a avaliación e análise da piscina por parte dos técnicos, para atopar unha solución a un problema técnico derivado dun dos produtos empregados na nova instalación, en cumprimento da normativa sanitaria vixente.O resto das instalacións das piscinas públicas e gratuítas manterán os seus servizos habituais, en horario de 11 a 21 horas.
Mentres se traballa en resolver a situación, o Consello Municipal de Deportes incluíu inchables para desfrute dos cativos que visiten as piscinas coas súas familias.