Pensionistas ourensáns do sindicato CCOO concentráronse esta mañá diante da delegación provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social nunha campaña en contra dos recortes sociais e para defender o mantemento das pensións, a dependencia e a sanidade.
O colectivo esixe a revalorización das pensións incumprida en 2011 e 2012, critica a reducción da atención na dependencia e o aumento do copagamento sanitario ligado á reducción da carteira de prestacións