Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

Violencia Machista

Novas detencións por violencia machista na provincia de Ourense

Seis persoas foron detidas durante a ponte do San Martiño en varios concellos da provincia de Ourense por denuncias de violencia machista.

Redacción | Ourense
| 13/11/2018
Una mujer protesta contra la violencia machista

Una mujer protesta contra la violencia machista / EFE

Un dos denunciados é natural de Trasmiras, ten 63 anos e se lle imputan danos en vehículos propiedade da sua ex parella. En Xinzo foi detido un xove brasileiro de 26 anos que foi denunciado por provocarlle presuntamente varias lesións á sua compañeira ca porta dun vehículo. Outro home, de 48 anos, foi detido en Toén por un suposto delicto de malos tratos no domicilio familiar no que discutíu ca sua muller. En Allariz era detido un varón de 65 anos a quen a sua parella denunciou por presuntos malos tratos físicos e psicolóxicos de xeito reiterado.

A esta longa lista se suman outras detencións por presuntos malos tratos dun xove de 26 anos en Carballiño e outro de 27 en Beariz.