Ourense Provincia

A Xunta sortea oito viviendas de promoción pública na provincia de Ourense

Cinco dos inmobles sitúanse no concello do Carballiño, mentres que os outros tres están en Verín, Carballeda de Valdeorras e Carballeda de Avia

Óscar Gómez

Ourense | 12.05.2021 09:29

A Xunta licita 66 viviendas de promoción pública en Ourense
A Xunta licita 66 viviendas de promoción pública en Ourense | Onda Cero

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciou o procedemento para a adxudicación dun total de oito vivendas de promoción pública vacantes na provincia de Ourense.

En todos os casos, trátanse de inmobles que xa foran adxudicados con anterioridade e que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) asigna de novo unha vez devoltos polos anteriores moradores. As vivendas a adxudicar están emprazadas nos concellos do Carballiño, Verín, Carballeda de Valdeorras e Carballeda de Avia.

No caso do Carballiño, adxudicaranse cinco inmobles emprazados na avenida de Compostela. Catro dos mesmos contan con tres dormitorios e o quinto dispón de dous. Pola súa parte, en Verín, Carballeda de Valdeorras e Carballeda de Avia adxudicaranse un total de tres vivendas, unha en cada concello, e en todos os casos dispoñen de tres dormitorios.

Os inmobles serán adxudicados a través dun sorteo, que se levará a cabo este xoves 13 de maio entre os que estiveran inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia na data de inicio do procedemento. A lista de adxudicatarios e reservas resultantes dos sorteos publicarase na web do IGVS e nos taboleiros de anuncios dos correspondentes concellos.