Infraestructuras

A Xunta inicia a mellora do firme na OU-536 no Pereiro de Aguiar

Estees traballos farán necesario cortes de carril con circulación alternativa na zona na que se desenvolvan os labores, entre as 9 e as 20,00 horas

Óscar Gómez

Ourense | 07.06.2021 11:41

A Xunta inicia a mellora do firme na OU-536 no Pereiro de Aguiar
A Xunta inicia a mellora do firme na OU-536 no Pereiro de Aguiar | La Voz de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar o vindeiro luns, día 7, as obras de mellora do firme na estrada autonómica OU-536, no concello do Pereiro de Aguiar. Esta intervención, que forma parte dos labores da Xunta de conservación ordinaria das estradas na provincia de Ourense, conta cun investimento autonómico de 80.000 euros

Os traballos, cunha duración aproximada de entre dous e tres días, consiste na extensión dunha capa de microaglomerado en toda a anchura da calzada, entre os puntos quilométricos 4+300 e 7+200 da estrada. A actuación complétase coa pintura da sinalización horizontal e a revisión da sinalización vertical.

Para poder acometer esta intervención de conservación será preciso a regulación do tráfico nas zonas nas que se estea traballando cada día, entre as 9,00 horas e ata as 20,00 horas. Para facilitar a circulación do tráfico, procederase a cortes de carril con circulación alternativa.

Esta actuación complementa as obras de reforzo de firme licitadas neste ano para a mellora da rede de estradas da Xunta na provincia de Ourense, cun investimento que ascende a 6,3 millóns de euros. O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na conservación e mellora das estradas autonómicas coa fin de reforzar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios na condución, así como contribuír á durabilidade do bo estado do firme.