Igualdade e Benestar

A Xunta destaca o carácter pioneiro do centro interxeracional de Ourense

O equipamento ofrece servizos de centro de día para persoas maiores e de escola infantil para nenos de 0 a 3 anos.

Óscar Gómez

Ourense | 25.04.2024 10:46

A Xunta destaca o carácter pioneiro do centro interxeracional de Ourense
A Xunta destaca o carácter pioneiro do centro interxeracional de Ourense | onda cero

Perfecto Rodríguez, destacou que Galicia foi pioneira en unir nun mesmo equipamento servizos de atención a persoas maiores e nenos de 0 a 3 anos coa posta en marcha do Centro Interxeracional de Ourense, construído e financiado no seu día pola Fundación Amancio Ortega e pertencente á rede publica autonómica. Así o lembrou nos actos organizados para celebrar os cinco anos de actividade do centro de día e da escola infantil que comparten este espazo.

O xerente do Consorcio salientou que neste tempo o centro converteuse nun referente para o fomento do encontro entre maiores e pequenos, coa organización de actividades conxuntas que fomentan o envellecemento activo e saudable, así como a transmisión de coñecementos e valores.

Así mesmo, Perfecto Rodríguez fixo fincapé no feito de que nunha mesma infraestrutura se ofreza unha atención completa desde os primeiros ano anos de vida ata a madurez, ao tempo que se achega unha alternativa de conciliación para moitas familias. Tamén felicitou ao persoal do centro polo seu traballo, que permite prestar un servizo da máxima calidade.

Actividades

Para conmemorar o quinto aniversario do centro programáronse xogos de experimentación, coa participación de nenos da escola infantil e lectura conxunta; un taller especial de cociña coa Asociación Down Ourense e outro de elaboración de xabóns artesanais coa Asociación Morea. A xornada festiva rematou cunha actuación musical.