Ourense Cidade

A Xunta construirá 66 viviendas de promoción pública en Ourense

As VPP edificaranse en 3 parcelas adquiridas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo á Sareb na capital ourensá, cun investimento total previsto que superará os 12 M€.

Óscar Gómez

Ourense | 05.01.2024 07:47

A Xunta construirá 66 viviendas de promoción pública en Ourense
A Xunta construirá 66 viviendas de promoción pública en Ourense | onda cero

A Xunta de Galicia formalizou recentemente o contrato para a redacción do estudo de detalle e do proxecto e a dirección de obra para a construción de 66 vivendas de promoción pública (VPP), cos seus correspondentes garaxes e rochos, en tres parcelas localizadas na Praza de Cambedo de Raia, na cidade de Ourense.

Tal e como figura na resolución difundida onte na Plataforma de contratos públicos de Galicia, os traballos foron adxudicados a unha UTE por un importe total de 426.177,13 euros, IVE incluído. O prazo previsto no contrato para a redacción do estudo de detalle é dun mes, mentres que para a elaboración dos proxectos básico e de execución será de cinco meses contados a partir da entrega do referido estudo.

As vivendas construiranse sobre tres parcelas —5, 6 e 7 do SU-48, Polígono 1— que lle comprou o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) á Sareb por máis de 1 millón de euros e estímase que a construción das 66 VPP terá un custo superior aos 11 millóns.