Medio Rural

A Xunta completa traballos preventivos en 14 quilómetros de pistas foretais

Os traballos previstos suman un total de 35 quilómetros de arranxo de pistas e 11 hectáreas de cortalumes, para seguir mellorando as infraestruturas de prevención fronte o lume.

Óscar Gómez

Ourense | 18.03.2024 08:14

A Xunta completa traballos preventivos en 14 quilómetros de pistas foretais
A Xunta completa traballos preventivos en 14 quilómetros de pistas foretais | onda cero

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, vén de completar unha serie de actuacións para a prevención de incendios forestais no Distrito Forestal XIV Verín-Viana, na provincia de Ourense, concretamente na serra de Larouco, dentro do concello de Cualedro.

As actuacións realizadas consistiron na mellora de pistas forestais e de faixas cortalumes, co fin de potenciar a súa operatividade na defensa do territorio contra os incendios forestais. Concretamente, actuouse sobre 14 quilómetros de pistas forestais e en 4 hectáreas de cortalumes. Para poder levar a cabo estes traballos de mellora, e co obxectivo concreto de facilitar o acceso de vehículos, empregouse unha bulldozer e unha motoniveladora.

Os traballos previstos nesta zona do sur leste da provincia ourensá suman un total de 35 quilómetros de arranxo de pistas e 11 hectáreas de cortalumes, para seguir mellorando as infraestruturas de prevención fronte os incendios.