Concello de ourense

A Xunta apraza a folga na empresa Autobuses Urbanos de Ourense

A Consellería de Emprego e Igualdade denegou o inicio da folga, dado que, entre outras cousas, non se respectaba o prazo de comunicación previa

Óscar Gómez

Ourense | 20.04.2022 08:39

Bus urbano ourense
Bus urbano ourense | youtube

A folga de traballadores/as da empresa Autobuses Urbanos de Ourense SL, concesionaria do servizo de transporte público de Ourense, quedou paralizada por decisión da Consellería de Emprego e Igualdade.

Os motivos aos que alude a Xunta, que é a autoridade competente nesta materia, son que o paro previsto fora inicialmente convocado o 14 de xaneiro do 2021, momento no cal tivera que ser adiado por mor da pandemia. Tras un ano e tres meses transcorridos, e tras cambios na representación legal dos traballadores/as – houbo eleccións sindicais no 2021 -, a Delegación de Emprego entende que se deberá tramitar unha nova solicitude de paro, que se adapte aos prazos actuais.

Os servizos de transporte urbano e interurbano están considerados servizos esenciais, e deberán pasar dez días entre a comunicación do acordo e o inicio marcado para a folga, cousa que neste caso non acontecía.