Onda Vermella

Xornada 20 na Terceira División

A UD Ourense viaxa a Redondela, o Arenteiro recibe ó Pontellas e no Couto derby entre o Ourense CF e o CD Barco

Onda Cero Ourense

Ourense | 13.03.2021 16:45

Onda Vermella 7
Onda Vermella 7 | Onda Cero Ourense

A primeira fase na terceira galega chega ás súas 3 últimas xornadas co Arenteiro instalado cómodamente na primeira posición e os outros 3 equipos da provincia de Ourense (CD Barco, Ourense CF e UD Ourense) loitando por meterse no play off de ascenso.

CD Arenteiro

O equipo de Fran Justo volve a Espiñedo, despois de xogar os últimos partidos como local en A Regueiriña de Barbantes, para enfrentarse o derradeiro clasificado no Subgrupo B da terceira divisón galega (CD Pontellas) nun partido no que o Arenteiro debería acadar os 3 puntos aínda que seguro que o equipo de Curiel peleará ata o final cómo leva facendo prácticamente toda a liga con escaso resultado favorable para os porriñeses.

Ourense CF e CD Barco

Pontinos e valdeorreses xogan un novo derby no campo do Couto apremiados pola necesidade dos puntos. Ambos están loitando por fuxir dos 6 últimos postos na clasificación polo que o que perda dará un paso atrás importante, iso si, o gañador postulase con todas as opción intactas. Un empate deixaría ós dous, especialmente ó Ourense CF, nunh situación moi delicada.

UD Ourense

Os de Fernando Currás viaxan a Redondela para enfrentarse a CD Choco que supera ós vermellos en 3 puntos. O Ourense recupera a Pablo Corzo, Huga García e Alberto Cabanyes (perderon o derby por cartóns) e perden a Ocampo (mancado durante a semana nun adestramento) e a Viti que ademáis de cumplir ciclo de cartóns retirouse con molestias no derby do pasado sábado frente ó Ourense CF.

Onda Vermella

Neste novo capítulo de Onda Vermella conversamos con Varo Fernández (lateral dereito da UD Ourense), Iván Alonso (coordinador deportivo, director de metodoloxía e adestrador do Xuvenil A da UD Ourense) e analizamos a xornada 20 con Jorge Paz.