Ourense Cidade

O vehículo de vixilancia integral da Policía Local volve estar operativo

A unidade regresa ao servizo e estará operativa as 24 horas do día, aínda que principalmente en horario de día.

Óscar Gómez

Ourense | 09.07.2021 09:28

O vehículo de vixilancia integral da Policía Local volve estar operativo
O vehículo de vixilancia integral da Policía Local volve estar operativo | onda cero

O vehículo de vixilancia integral do tráfico (AVI) da Policía Local de Ourense volve estar plenamente operativo, logo de que se completasen os traballos de reparación encargados polo Concello. A unidade regresa ao servizo e estará operativa as 24 horas do día, aínda que principalmente en horario de día, para percorrer as rúas da cidade coa finalidade de favorecer a seguridade e concienciar e promover o respecto por parte das persoas condutoras de vehículos da normativa de tráfico, principalmente en materia de estacionamento.

“Queremos atallar o uso e abuso do estacionamento en paradas de autobús, pasos para peóns e carrís”, avanza o concelleiro Telmo Ucha

Asi o explica o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha: “O que queremos principalmente é atallar o uso e abuso do estacionamento non permitido nas paradas de autobús, nos pasos para peóns e en carrís de circulación en xeral, porque hai condutores que de socato paran en carrís de rúas como a do Progreso, a Avenida da Habana, a Avenida de Marín, entre outras, xeralmente para realizar xestións de pouco tempo, pero que interrompen carrís de circulación e supoñen un grave problema para o tráfico, xa que poden afectar, por exemplo, á circulación de vehículos de emerxencia”.

O vehículo, xa que logo, volve estar plenamente operativo, aínda que o edil de Seguridade Cidadá confía “que traia poucas sancións, porque o sentido deste vehículo non é po recadatorio senón a concienciación