O sábado aumenta a influencia anticiclónica con circulación do norte achegando aire frío a Galicia. Agárdase unha xornada de ceos con nubes e claros e con chuvascos ao norte e leste da Comunidade. A cota de neve ascenderá ata os 1000 metros co avance da mañá. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentras que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo de compoñente norte. A temperatura de Ourense será de 3ºC de mínima e unha máxima de 13ºC.
O domingo Galicia manterase na influencia das altas presións, polo que se agarda unha xornada de tempo seco e estable. Os ceos alternarán nubes e claros con bancos de néboa matinais en comarcas do interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O ventos soprará frouxo de compoñente leste. A temperatura de Ourense será de 2º C de mínima e unha máxima de 12ºC