A Guardia Civil da por desartellada a trama adicada á comercialización de motores foraborda e a fabricación de narcolanchas desenvolvida en Ourense, Pontevedra e norte de Portugal baixo a denominación de Operación Vozka.
Foi levantado o segredo de sumario e os seis detidos pasaron esta mañán a disposición xudicial en Ourense, sendo tomada a declaración a outros cinco investigados.
Froito da operación e tras varios meses de pescudas, Garda Civil e Vixiancia Aduaneira da Axencia Tributaria puderon constatar que varias das embarcacións fabricadas estaban vencelladas a aprehensións de 4 toneladas de cocaína e outras tantas de hatchis realizadas no Estreito de Xibraltar e en augas internacionais.
Así mesmo foron incautados 30 mil euros en efectivo, 8 embarcacións, 25 motores de gran cilindrada, material náutico, GPSs, antenas e diversa documentación xunto con ordenadores e teléfonos móviles. A organización está implicada presuntamente tamén no blanqueo de capitais e operaba entre Ourense e o norte de Portugal, polo que foi precisa así mesmo a intervención da Policía Judiciaria lusa.