Atletismo

Os títulos autonómicos Sub16 e Sub18 decídense en Elviña

Esta fin de semana as pistas Universitarias de Elviña reciben a visita das e dos atletas que tomarán parte nos Campionatos Xunta de Galicia Sub16 e Sub18 individuais e de probas Combinadas.

Óscar Gómez

Ourense | 26.05.2023 08:45

Os títulos autonómicos Sub16 e Sub18 decídense en Elviña
Os títulos autonómicos Sub16 e Sub18 decídense en Elviña | onda cero

Durante o sábado, poderemos presenciar a disputa do campionato autonómico Sub18 estando reservada a xornada do domingo para o galego Sub16. A maiores, durante ambos días, desenvolveranse as citas autonómicas de probas combinadas

Campionato Xunta de Galicia Sub18

Durante o sábado, sen lugar a dúbidas a presenza tanto de Xela Martínez como de Aldara Meilán, será o que máis atención desperte de todo o campionato. A marchadora lucense, regresa logo de tomar parte na Copa de Europa de marcha na que lograba a segunda posición no individual e o título de campioa de Europa por equipos Sub20. Pola súa banda Xela Martínez, estará na línea de saída na proba dos 1.500 m. na que será a súa primeira cita importante de aire libre do ano.

A ausencia de Teo de Frutos nesta edición non será impedimento para que Miguel Alvariño da Atlética Lucense intente establecer un bó rexistro na proba dos 3.000 m. na que parte como favorito ao título.

O medallista de bronce do último nacional indoor Sub18 Daniel Salgueiro do Coruña Comarca, é outro dos atletas importantes a quen poderemos ver sobre o sintético coruñés competindo sobre na distancia dos 800 m.

Celia Castro do Mazí nos 800 m.; Ámparo Corredoira da Atlética Lucense nos 1.500 m.; Gema Dacosta do Vila de Cangas en peso e disco, Natalia Rivas do Ria en marcha, Enzo López do Barbanza en xavelina, Arauia AlBachere do At. Estrada nos 400 e nos 200 m., ou Matías Moldes da Gimnástica en combinadas, serán outros dos destacados sobre o estadio coruñés.

Campionato Xunta de Galicia Sub16

No tocante á xornada do domingo, estarán tomando parte algúns dos medallistas do último Campionato de España de pista cuberta disputado en Ourense o pasado día 25 de marzo. Entre elas se atopan dous das nosas máis importantes promesas, os campións e campioas de España dos 3.000 m. Sabela Castelo do San Miguel de Marín e Alex Sierpes do Trega a quenes poderemos ver tomando parte sobre as distancias dos 3.000 m. e dos 1.500 obstáculos respectivamente.

Outro dos importantes talentos atléticos do noso deporte, Hugo Casañas do Rías Baixas, estará compitindo nos concursos de peso e disco na que parte como claro favorito e sobre os que podería estar preto dos récords galegos actuáis.

Adrián Pérez da Atlética Lucense, será o claro favorito na proba dos 1.000 m. a onde acude ca mellor marca dos participantes ao igual que o tamén medallista nacional Javier Picos do Marineda sobre a proba dos 600 m.

Focos de atención á fantástica tempada que está efectuando a xoven promesa do Coruña Comarca Sebastian Bascoy quen recentemente lograba a plusmarca galega sobre os 300 m. con 35.88. Nesta proba parte como favorito ao igual que nos 100 m. na que terá enfronte ao plusmarquista galego dos 60 m. en pista cuberta Aaron Pérez do ADAS CUPA.

Sobre os 1.000 m., Adrián Perez da Atlética Lucense, intentará rebaixar o seu excelente rexistro de 2:38 ao igual que Iria Solera do C.D La Purísima a quen xa vimos subida ao podio do pasado campionato nacional no concurso de altura.

Nesta categoría estaremos moi pendentes ao que poidan facer Sergio Fernández do ADAS CUPA no concurso de peso, Adrián Bernárdez do Val Miñor nos 300 m; Sabela Martínez da Gimnástica e Demeku Paniagua de O Pino nos 1.000 m., así como Roque González nos 3.000 m. e Nuno Castro do Millaraio no concurso de probas combinadas, entre outros.