Ourense Cidade

Servicio especial de bus para o partido do COB e Festival Outopía

O Concello recomenda utilizar o transporte público para dúas actividades que reunirán milleiros de espectadores.

Óscar Gómez

Ourense | 23.04.2024 07:55

Servicio especial de bus para o partido do COB e Festival Outopía
Servicio especial de bus para o partido do COB e Festival Outopía | Ourense.com

O concello de Ourense porá a disposición dos interesados un servizo especial de autobuses á Finca Sevilla que partirá do Parque de San Lázaro o sábado 27, para facilitar o desprazamento do público que desexe asistir ó festival de músical Outopía e tamén para o encontro que disputará no Pazo dos Deportes Paco Paz Clube Ourense Baloncesto.

O edil de Transportes, Antonio Fernñandez, trasladou a solicitude á empresa concesionaria para dispoñer a entrada en servizo de esta lanzadeira que irá cara a Expourense pasando por O Posío. en viaxe de ida e volta, dende as 18.30 ata as 4.00 da madrugada do domingo cunha frecuencia de media en media hora.

Lembrar que no Festival Musical Outopía actuará como cabeza de cartel Juan Magán xunto con Dasoul, Goove Amigos ou Dumore e que no encontro de baloncesto da LEB Ouro o COB vai a medirse ó Longevida San Pablo de Burgos.