Concello de ourense

A San Martiño volve a percorrer as rúas da cidade este domingo

A San Martiño percorrerá as rúas da cidade o próximo domingo 14 de novembro, nunha edición moi especial, logo do parón ao que obrigou a pandemia da COVID-19.

Óscar Gómez

Ourense | 11.11.2021 08:09

A San Martiño volve a percorrer as rúas da cidade este domingo
A San Martiño volve a percorrer as rúas da cidade este domingo | onda cero

A XLIV Carreira pedestre popular do San Martiño, que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, que percorrerá as rúas da cidade o próximo domingo 14 de novembro, nunha edición moi especial, logo do parón ao que obrigou a pandemia da COVID-19. A carreira deste ano servirá ademais para darlle visibilidade á Esclerose Lateral Amiotrófica. A presentación contou coa asistencia do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o presidente do Consello Municipal de Deportes, Mario Guede, e representantes das entidades que colaboran no evento, cuxo patrocinador principal é Caixabank.

A carreira pedestre consta de 2 partes diferenciadas:

Carreira popular: está incluída no Calendario Oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo e está reservada para 1.800 persoas, maiores de 18 anos, federadas ou non

Carreira elite: incluída no Calendario Oficial da Real Federación Española de Atletismo con categoría internacional.

O percorrido, de 10.000 metros, está homologado pola Real Federación Española de Atletismo. Sairá da Ponte do Milenio e percorrerá a avenida de Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

san martiño
alejandro fernandez | la voz de galicia

Os abastecementos estarán situados no Km 5 e á chegada no Pavillón Municipal dos Remedios. As clasificacións realizaranse polo tempo neto de cada atleta. Ás 12:00 horas terá lugar a saída na categoría elite e a continuación, por quendas, cada 2 minutos.