Recoñecemento a Roberto Verino

Roberto Verino ingresa oficialmente na Real Academia Galega de Belas Artes o 18 de xuño

O acto oficial de ingreso celebrarase en Verín en agradecemento ao lugar que o veu nacer, que lle serve de inspiración e que forma parte da marca e do legado do deseñador galego.

O fotógrafo Xurxo Lobato daralle resposta ao seu discurso como Académico Electo titulado “Aportación da Moda Galega ao orgullo de país” .

O seu ingreso coincide co seu 40 aniversario facendo moda dende Galicia.

Onda Cero Ourense

Ourense | 15.06.2022 10:23

Roberto Verino ingresa oficialmente na Real Academia Galega de Belas Artes o 18 de xuño
Roberto Verino ingresa oficialmente na Real Academia Galega de Belas Artes o 18 de xuño | Brais Lorenzo

O deseñador galego Roberto Verino ingresará oficialmente na Real Academia de Belas Artes o 18 de xuño. Ingresará como Académico de Número Electo dentro da sección Artes da Imaxe nun acto que se celebrará no Auditorio de Verín o vindeiro sábado día 18 de xuño e no que lerá un discurso como Académico Electo titulado “Aportación da Moda Galega ao orgullo de país” ao que o fotógrafo Xurxo Lobato dará resposta.

Foi o propio Xurxo Lobato, xunto cos tamén académicos Xosé Díaz Arias de Castro, Ángel Luís Hueso e Miguelanxo Prado, os que presentaron a candidatura do modisto Galego para o ingreso na Academia.

Un recoñecemento que se suma a Agulla de Ouro recibida en 1992, a Medalla de Castelao en 1996, ou a Medalla de Ouro de Belas Artes no 2008, e que chega xusto cando se cumple o 40 aniversario da primeira colección que presentou con Roberto Verino como marca tras regresar dende Francia a Verín co soño de facer moda dende o seu pobo, e contribuir a xerar traballo digno e orgullo de ser galegos.

Imagen de archivo del diseñador Roberto Verino.
Imagen de archivo del diseñador Roberto Verino. | Roberto Verino

Moda, arte e soños dende Verín

Verín forma parte da marca que creou o modisto en 1982. Non só do nome e do lugar que escolleu para construir unha industria textil coa que chegou a converterse no segundo español (despois de Balenciaga) en abrir unha tenda en París, a vender nunha vintena de países ou ser un dos referentes do exitoso grupo de deseñadores do Galicia Moda. Verín é inspiración e alicerces, e por iso foi o sitio elexido para o acto oficial de ingreso na Real Academia de Belas Artes.

A relación entre moda e arte é un vínculo bidireccional. Un camiño de dobre dirección baseado nunha mútua influencia e que parte dun necesario proceso creativo. Unha dialéctica que sempre tivo moi presente Roberto Verino. Así, con motivo do 25 aniversario da marca o Museo do Traxe de Madrid e a Gabarrón Foundation de Nova York acolleron unha exposición sobre a firma.

Unha relación que se intensificou en 2015 coa apertura dun espazo de arte permanente na tenda da Rúa do Paseo en Ourense. Un lugar que pretende contribuir a difundir e recoñecer o traballo dos artistas.