Concello de Allariz

A recollida de vidro en Allariz sube un 9,2% en 2023

Durante o 2023 en Allariz recolléronse 235.750kg de vidro. Isto supón un 9,2% máis que no 2022.

Óscar Gómez

Ourense | 15.02.2024 07:53

A recollida de vidro en Allariz sube un 9,2% en 2023
A recollida de vidro en Allariz sube un 9,2% en 2023 | onda cero

Os datos de 2023 sobre a recollida de vidro no Concello de Allariz superaron os números acadados na anualidade anterior. Un nova que reforza o traballo acometido tanto por veciños e veciñas así coma pola hostalería e comercio do concello durante o pasado ano.

Durante o 2023 en Allariz recolléronse 235.750kg de vidro. Isto supón un 9,2% máis que no 2022. Os meses no que máis vidro se recolleu foi por orden agosto, outubro e decembro. Así mesmo meses como febreiro, abril ou xuño indican tamén unha forte recollida de vidro.

O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, agradece a implicación da veciñanza e lembra que este proxecto é unha labor de todos e todas, e que debemos continuar para seguir mellorando, xa que aínda queda moito traballo por facer.

Bernardo sempre recorda que o mellor residuo é o que non se xera, e polo tanto na medida en que sexa posible como sociedade (empezando por nós mesm@s) debemos tentar reducir a cantidade de envases que utilizamos, accións como o emprego de envases recuperables e reutilizables reducen máis a nosa pegada climática que a propia reciclaxe, de aí a importancia da recuperación de vidro.

A mensaxe é polo tanto de esperanza e de agradecemento para todos aqueles que están a colaborar, e reitera o chamamento aos que aínda non o están a facer, porque a responsabilidade sobre o que está a sufrir o noso planeta e de todos e todas nos.